
Interior
A casa ten 3 habitacións, dous baños, un salón comedor e unha cociña.
Dúas das habitacións son dobles e unha individual. Todas as habitacións teñen armarios empotrados e dúas delas balcón.
O baño do piso superior, onde se atopan as habitacións, está equipado cunha bañeira, mentres que o baño do piso inferior conta cunha ducha.
No salón hai unha cheminea embutida e, sobre ela, unha Smart TV 4K de 55" que se pode xirar para poder ver a televisión comodamente tanto desde o sofá como desde a mesa que se atopa ao lado.
A cociña, xusto a seguir do salón, está equipada con unha neveira, un forno, unha vitrocerámica, un microondas, unha cafeteira, unha torradeira e vaixela para 6 persoas.
Ademáis, conta cunha porta pola que se pode salir ao exterior y acceder á lavandería que está xusto en fronte.












Exterior
Esta casa conta cun pequeno garaxe, unha lavandería, un xardín e unha grella.
O garaxe atópase á dereita da casa. Ten capacidade para un coche, pero en caso de que sexa necesario tamén sería posible empregar a zona da entrada como aparcamento para un segundo coche.
A lavandería está xusto en fronte da cociña nun anexo. Esta conta cunha lavadora, un tendal, un ferro de pasar e unha táboa de pasar o ferro.
A grella e o xardín atópanse xusto detrás da casa, unha zona fresca ideal para relaxarse cando hai calor.







